Letra de canción descargada de: https://www.albumcancionyletra.com ------------------------------------------ Amancio Prada - Mais o que ben quixo un día ------------------------------------------ Mais o que ben quixo un día, si a querer ten afición, siempre lle queda unha mágoa dentro do seu corazón. Aló nas tardes serenas, aló nas tardes caladas fainse maís duras as penas que nas brandas alboradas. Aló nas tardes sombrisas aló nas tardes escuras fainse maís cortas as risas maís negras as desventuras. Que non hai sera tranquila para quen remorsos garda, e maís presto se aniquila canto maís a noite agarda. I anque ora sorrindo canto, anque ora canto con brío, tanto chorei, chorei tanto como as auguiñas dun río. Tiven en pasados días, fondas penas e pesares, e chorei bágoas tan frías como as auguiñas dos mares. Tiven tan fondos amores e tan fondas amarguras, que era fonte de dolores nacida entre penas duras. Ora río, ora contento vou polas eiras cantando, vendo de onda ven o vento cando vou levar o gando. Ora con grande sosiego durmo na beira das fontes, durmo na beira dos regos, durmo na punta dos montes. Airitos, airitos aires Airitos da miña terra; Airitos, airitos aires. Airitos levaime a ela Airitos, airitos aires Airitos da miña terra; Airitos, airitos aires. Airitos levaime a ela